top of page

BebeBen Galicia

Augardente galega

BebeBen Galicia é un proxecto que busca informar arredor da elaboración dunha bebida típica da nosa terra. Séguenos nesta viaxe apaixoante e descubre todos os segredos que agocha a mística augardente

Descubre todo sobre a orixe da augardente 
Descubre todo sobre a orixe da augardente 

Preme e descubre os segredos desta bebida

IMG_9724.JPG
IMG_9746.JPG
IMG_9773.JPG
IMG_9719.JPG
IMG_9758.JPG
Estrada
Inicio: Blog2

Evolución e orixe da augardente

  • 12 dic 2018
  • 3 Min. de lectura

Para entender a orixe do augardente destilado do bagazo, especialmente o producido en Galicia, debemos primeiro remontarnos ás primeiras destilacións. A propia palabra alcol, como alambique e alquitara, son de orixe árabe. A pesar de que se cree que os exipcios utilizaban pequenos aparatos de destilación, atribúese o descubrimento da destilación e obtención do primeiro alcohol a Ibn Yasid, no século IX, a raíz do inicio da práctica da alquimia en terras árabes.

En Europa, considérase a Arnaldo de Vilanova como o primeiro gran difusor da destilación de vino. Este destilado utilizábase con fines medicinais, e diferenciaba entre aqua ardens, de 60 graos alcohólicos, e aqua vitae, de 90 graos. Os primeiros augardentes en España nacen en Cantabria, e datan do século XIV. Non é ata os séculos XVI-XVII que aparecen os primeiros rexistros da destilación do bagazo en Galicia.

Desa época datan os primeiros documentos sobre importación e fabricación de alambiques (na provincia de Ourense) destinados ás grandes boticas. No 1739, a Junta del Reino de Galicia solicitou a libre fabricación do augardente do bagazo, argumentando que tratábase de algo positivo para o desenvolvemento das comarcas vinícolas, así como para o abastecemento das aldeas e das cidades do alcohol necesario para fins médicos. Outros datos do século XVIII indican a presenza de alambiques e alquitaras na zona da Ribeira Sacra, en vivendas de grandes propietarios en Santiago, así como a existencia das primeiras fábricas e industrias en Pontevedra a finais de século.

Existen varios factores que axudaron ó desenvolvemento desta crecente industria rural. En primeiro lugar, a cada vez maior demanda deste produto tanto como para consumo humano como para usos medicinais. Por outro lado, a baixada dos ingresos das familias das comarcas vinícolas obrigáronlles a aproveitar ao máximo as colleitas. Por último, a existencia de períodos de tasación lixeira permitiu a liberalización da fabricación para consumo propio. Esta industria consolidouse ó longo do século XIX, sendo maioritariamente unha produción familiar impulsada por un cada vez maior consumo.

É durante este século cando aparecen por primeira vez augardentes e licores obtidos da destilación do bagazo como ingredientes de repostería, no que se coñecería como alta cociña galega. Non só iso; existía xa unha nutrida representación de fabricantes de augardentes procedentes de distintas comarcas de todo o territorio galego (Chantada, Quiroga, Valdeorras, Xurés, Baixo Miño…) e cunha ampla oferta de variedades: augardente do bagazo, envellecido, aromatizado con herbas, e ata algunhas cremas (moca).

O produto estrela é, sen dúbida, o augardente obtido do bagazo, que conta xa durante as últimas décadas deste século con producións envellecidas e con distribuidores estables fóra do mercado galego. Nos comezos do século XX, a publicidade dos augardentes galegos é habitual na prensa local, así como o seu consumo en distintas situación sociais. Algunhas comarcas, como Valdeorras ou Ribeiro comezan a despuntar como produtoras. É tamén durante esta época cando os campesiños das comarcas vinícolas comezan a organizarse en sindicatos, co obxectivo de reivindicar o seu dereito a producir augardente para uso privado. Nace tamén a primeira destilería cooperativa en A Rúa, no ano 1909.

Tras loitar contra os intereses das grandes empresas de alcol doutras zonas de España, na década de 1920, os produtores galegos acadaron un réxime especial que permitiu a destilación do bagazo de forma tradicional, e que axudou á preservación dos saberes e dos sabores dos augardenteiros históricos. Tratábase dunha forma especial de facer fronte ás obligacións tributarias dos fabricantes de alcol. É a partir de aquí cando os augardentes galegos comezan a adquirir fama, grazas ás innovacións técnicas que foron mellorando cada vez máis os resultados das producións.

A lexislación contemporánea trouxo a uniformación do réxime especial de destilación dentro do contexto español e europeo e un impulso en prol da modernización do sector, que foi capaz de manter a esencia da tradición. Todos estes esforzos ó longo das décadas viuse recompensado coa distinción da Denominación Específica ‘Orujo de Galicia’ no 1989, que garantía aos consumidores a calidade e o respecto a unha tradición con longos séculos de historia. Inclúese tamén ese ano ao augardente galego como o único destilado do bagazo español con dereito a denominación xeográfica, na mesma categoría que, por exemplo, as grappas italianas.

Grazas a todos estes esforzos o longo da historia, o augardente galego é sempre recoñecido con importantes premios tanto nacionais como internacionais. Trátase dun produto característico e prestixioso no contexto español, e exclusivo de Galicia.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Visita a Cambados

Galicia é coñecida no mundo enteiro polos seus viños e augardentes. En parte, grazas a vilas como Cambados. Cambados é un municipio...

 
 
 

Comentarios


Inicio: GetSubscribers_Widget

Partes do alambique                   Partes da uva

Partes do alambique.jpg
Partes da uva.jpg
Inicio: Contact
Entrevista a Ignacio Orriolls - BBGZ
00:00
Entrevista en San Miguel de Castro - BBGZ
00:00
Que herbas empregamos?

Unha das variedades máis coñecidas (e recoñecidas) do augardente é o comunmente chamado licor de herbas. Pero en qué consiste exactamente esta bebida espiritual?

O licor de herbas galego utiliza a base lo augardente tradicional, destilado de bagazo, pero engade no proceso un mínimo de tres especies de plantas. Estás engádense grazas a maceración, destilando en presenza das herbas, ou combinando ambos métodos. Cales engadimos? Calquera que sexa utilizable no ámbito alimentario.

Entre as máis utilizadas e con maior tradición, atopamos algunhas moi recoñecibles como a menta, a manzanilla, o cilantro, o romero, o tomillo, a herba luísa... outras menos coñecidas como o hinojo, a nogueira moscada ou o azahar, e incluso regaliz e canela.

Pero as posibilidades non rematan aquí. A camomila, o anís en diferentes variedades, clavo, enebro… son tamén válidas, e poden dar lugar a milleiros de combinacións que rematarán creando novos augardentes de herbas. Non vos cortedes á hora de probar novas variedades!

Que herbas empregamos?

Unha das variedades máis coñecidas (e recoñecidas) do augardente é o comunmente chamado licor de herbas. Pero en qué consiste exactamente esta bebida espiritual?

O licor de herbas galego utiliza a base lo augardente tradicional, destilado de bagazo, pero engade no proceso un mínimo de tres especies de plantas. Estás engádense grazas a maceración, destilando en presenza das herbas, ou combinando ambos métodos. Cales engadimos? Calquera que sexa utilizable no ámbito alimentario.

Entre as máis utilizadas e con maior tradición, atopamos algunhas moi recoñecibles como a menta, a manzanilla, o cilantro, o romero, o tomillo, a herba luísa... outras menos coñecidas como o hinojo, a nogueira moscada ou o azahar, e incluso regaliz e canela.

Pero as posibilidades non rematan aquí. A camomila, o anís en diferentes variedades, clavo, enebro… son tamén válidas, e poden dar lugar a milleiros de combinacións que rematarán creando novos augardentes de herbas. Non vos cortedes á hora de probar novas variedades!

  • Sabías que… a palabra ‘orujo’ procede do latín ‘involucrum’ ?

1.

  • Sabías que… en italiano, o café con augardente chámase ‘Caffè Corretto’ (café correcto)?

2.

  • Sabías que… o augardente é o ingrediente principal da famosa queimada?

3.

  • Sabías que… a denominación en italiano é ‘grappa’, en francés ‘marc’, e en grego ‘tsiroupos’?

4.

  • Sabías que… dende hai anos, parte da producción do augardente galego destínase a China e Xapón?

5.

  • Sabías que… o primeiro paso pra aprender a catar é diferenciar os cheiros? Se o augardente ule a vinagre ou laca de uñas… perigo!

6.

  • Sabías que… algúns augardentes galegos foron premiados nos últimos anos no ‘Challenge Internacional du vin’ en Burdeos?

7.

7 curiosidades sobre a augardente galega

séguenos

séguenos

  • Icono social de YouTube
  • White Instagram Icon
Todos los videos

Coméntanos as túas dúbidas

©2018 by BebeBen Galicia. Proudly created with Wix.com

bottom of page