Visita a Cambados
- 13 dic 2018
- 2 Min. de lectura
Galicia é coñecida no mundo enteiro polos seus viños e augardentes. En parte, grazas a vilas como Cambados. Cambados é un municipio soutado no centro das Rías Baixas, na provincia de Pontevedra.
Cambados conta con numerosas bodegas, viñedos, salas de cata e demais infraestruturas que converten á vila nunha das zonas vitivinícolas máis importantes de España e Europa. Tanto no centro do pobo como fóra do casco urbano, estas infraestruturas conforman a “Ruta do Viño”, un dos atractivos turísticos principais de toda Galicia.
Nomes como o do Pazo de Fefiñáns, o das Bodegas Martin Códax ou as Adegas Condes de Albarei son algúns dos das adegas máis importantes da zona. Nelas elabóranse de maneira industrial millóns de litros de viño e augardentes anualmente. Nós, BebeBen Galicia, tivemos o pracer de xuntarnos con unha das adegas máis singulares da zona, Bodegas Gil Armada.
A Bodega Gil Armada está situada na ala norte do Pazo de Fefiñáns, lugar de referencia no inventario patrimonial de edificios históricos de Galicia. A adega, fundada en 1959 por Joaquín Gil Armada, conta cun dos viñedos máis antigos do Sanlés, dos cales saíron os primeiros viños albariños embotellados, alá polos comezos do século XX.
O seu traballo principal é o de conservar e estudar os viñedos protexidos dentro das súas murallas de pedra e aplicar eses estudos ás novas plantacións. Dende 1990 actualízase e comeza co seu sistema de destilación de augardentes. Para a elaboración dos licores, teñen en conta as antigas receitas, as novas técnicas e a búsquea de sabores inéditos neste tipo de produto.
Ademais do proceso de produción, en Gil Armadas tamén organizan visitas guiadas para explicar o seu método e as súas históricas instalacións. Nós tivemos esa oportunidade de ir e, grazas á súa amabilidade, coñecemos máis da súa filosofía.
Alí nos explicaron os procesos de produción de todos os seus licores, dende o augardente branco ata as diferentes variedades de licores de herbas, dos cales teñen infinidade de sabores como mirabelles, arándanos, moras ou mar atlántica.
Dentro das instalación, mostráronnos os seus alambiques, onde destilan aproximadamente 1000 litros de augardente no tempo que lles permiten, tamén amosáronnos os seus viñedos e a súa tenda, onde ademais, fixemos unha “cata de olores” de todas as herbas que conteñen os seus licores de herbas: cilantro, menta, Herba Luísa, azafrán, camomila, azahara, anís e nogueira moscada entre outras.
Estas son as peculiaridades nunha das adegas mais importantes de Galicia. Pese a que existen outros métodos máis rentables economicamente, premian a tradición e os valores que lles fixeron chegar ata onde están hoxe en día. A combinación de tradición e vangarda dan como resultado un produto de excelentes calidades. Eses foron os motivos da nosa visita a Cambados. Grazas Bodegas Gil Armada!
















Comentarios